Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

A Navalla inaugura a tempada de mariscadas a pé de mar en A Illa

beowner620V2
COLIMA 620v2
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A localidade de A Illa de Arousa estrea unha nova tempada máis o ciclo das súas festas gastronómicas con produtos do mar. A primeira arrincou hoxe na tradicional ubicación do paseo marítimo do Cantiño. Trátase da XVIII Festa da Exaltación da Navalla, que organiza o Club Baloncesto Dorna e que aproveita o tirón desta ponte festiva para ofrecer catro xornadas de mariscadas, a pé de mar, nas que se prevé unha intensa asistencia de visitantes e turistas.

A venda de pratos comezou xa, neste mediodía, e regresará á noitiña. A organización fixo provisión duns 900 quilos só do produto estrela, a navalla. A ración, que inclúe unha ducia de unidades, véndese a un prezo de 14,50 euros. Aínda que tamén será posible, como en todo este ciclo de festas, mercar outros pratos nos que diferentes mariscos comparen protagonismo. Así, non faltan os demandados mexillóns tigre, paella de marisco, croquetas, empanada e tamén tortilla e pementos de Padrón. Para o postre hai filloas caseiras. O recadado contribuirá á financiación da actividade deportiva do club.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
lacabaña620