
A Praza do Concello de Meaño acolleu onte una concentración en protesta polo estado da sanidade pública e en demanda de melloras urxentes.
A cita foi convocada polo Concello meañés cara o mediodía e a ela acudiron tanto membros do goberno local, encabezados polo alcalde, Carlos Viéitez, como demais membros da Corporación, incluindo integrantes dos grupos opositores. Tamén veciños en xeral, descontentos coa merma de servizos sanitarios que a comarca sufría xa dende hai anos, pero que se ven especialmente agravados neste verán.
Próxima reunión
A cita foi convocada baixo o lema “Meaño en defensa da sanidade pública”, a mesma mensaxe que podía lerse onte na pancarta tras a que se arrouparon os participantes.
O evento de protesta convocárase antes da reunión do xoves na Mancomunidade de O Salnés. Nela, os alcaldes e representantes de oito dos nove municipios (todos agás Vilanova, que por discrepancias coa presidencia non participa neste órgano) decidiron solicitar unha reunión urxente ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen accedeu ao encontro mañá martes, en Cambados. Dende a entidade supramunicipal agardan poder acadar compromisos de mellora para a cobertura sanitaria nas localidades da comarcas.