Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

A Illa solicita a Benestar parellas educativas en todas as aulas da Galiña Azul

O Concello A Illa reclamou hoxe ao Consorcio Galego de Benestar Social unha parella educativa que atenda con calidade as distintas aulas do centro educativo A Galiña Azul da vila.

O goberno responde así a unha petición de familias usuarias do centro que “constataron unha merma na calidade ao non contar co persoal suficiente”.

A Galiña Azul conta agora cunha aula para bebés, inicialmente dotada cunha única profesora, o que obrigou á organización do centro a botar man dunha das profesores doutra aula, deixando ao nenos dunha franxa de idade maior, con menos atención, segundo indican dende o executivo municipal.

Piden que que se dote a todas as aulas dunha parella educativa como persoal mínimo