Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

O Grove destaca a cualificación de “excelente” das augas de todas súas praias polo Sergas

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello do Grove destacou onte que as augas das 21 praias do municipio que foron analizadas polo Sergas obtiveron a cualificación de “excelente”. Un feito, o de que todos os areais obtiveran na súa totalidade o máximo nivel, que “vén a reafirmar a decidida aposta do Concello por ofertar unha proposta de praias e de enclaves naturais privilexiados baseada na excelencia”, manifestou.

O alcalde do Grove, Jose Cacabelos, incidiu en que “esta unánime cualificación aválanos como un destino turístico de calidade. E é precisamente esa combinación entre paraxes naturais privilexiados e o coidado e o respecto medioambiental un dos valores que O Grove pode e quere destacar entre as súas potencialidades turísticas”, engadiu.

Para o rexedor, este recoñecemento “vén a integrarse na nosa proposta dun medio ambiente saudable e duns recursos naturais diferentes e privilexiados que temos que manter, coidar e preservar”.

Neste sentido, Cacabelos explicou que a administración local está realizando nestas últimas semanas diversas actuacións relacionadas coa xestión dos recursos naturais, medioambientais e paisaxísticos, como os traballos de recuperación de sendas peonís, da ruta dos muíños ou a limpeza, mellora e acondicionamento das parcelas das praias e dos seus accesos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620