
O galeón “Caramuxo” afundeu fronte á costa do Naval, en A Illa.
Desde a Escola de Navegación Tradicional Dorna lamentaron publicamente que esta situación aconteza por “non ter un sitio axeitado para ter un mantemento mínimo”. Ademais, Héctor Suárez, da ENT, recorda preguntado polo particular que tamén hai uns anos xa acontecera una situación crítica co “Rei do Mar” que se soltou e ameazaba con varar e esnaquizarse.
Piden colaboración de todas as institución e colectivos da vila para facer fronte común ante Portos e lograr un espazo para a flota tradicional, preferentemente no Cabodeiro.