
No segundo concerto do décimo ciclo Os Xoves de Códax, Antía Muiño convidou ao cuarteto musical Las Migas a facer música de fusión e de autor. Un concerto onde o talento xuvenil feminino foi o verdadeiro protagonista do solpor sobre a ría de Arousa dende Cambados.
Antía Muiño, cantautora galardoada co premio á Mellor Artista Emerxente nos Premios Martín Códax da Música no 2022, converteuse nunha artista absolutamente transversal que van dende a facción máis folclórica á alternativa, a jazzera ou á de canción de autor, ou a colaborar con artistas de rexistros e xeracións tan diverxentes como Baiuca, Xabier Díaz ou Néboa, entre outros.

Las Migas, gañadoras dun Latin Grammy ó Mellor Álbum de Flamenco polo seu último traballo “Libres”, defínense como catro mulleres, guerreiras e viaxeiras que renacen e reinvéntanse, unha e outra vez. Son elas, inconfundibles e únicas.
Ao longo das nove edicións celebradas ata agora, os ciclos Os Xoves de Códax, de Bodegas Martín Códax, recadaron máis de 185.000 euros, que foron repartidos entre diferentes asociacións solidarias da contorna máis próxima da adega e de Galicia. A recadación deste xoves irá destinada á Cruz Vermella.

Cruz Vermella é unha entidade traballa nun amplo ámbito de áreas tanto a nivel internacional como autonómico e nacional (acción humanitaria, inclusión social, socorro, medios de vida, seguridade alimentaria, saúde, emprego, educación e medio ambiente). No ámbito internacional destaca a súa resposta á urxencia humanitaria derivada da guerra de Ucraína, no ámbito nacional a axuda brindada aos colectivos afectados pola crise económica que se derivou desta situación. Tamén traballan activamente para combater o cambio climático, actuando na extinción dos incendios que arrasaron con miles de hectáreas en España o pasado verán. No ámbito da comarca do Salnés, Cruz Vermella atendeu en total no ano 2022 a máis de 3.000 persoas en distintas situacións de vulnerabilidade (inmigrantes, refuxiados, maiores, desempregados, discapacitados, etc.).