Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

Esgótanse os Bonos Turismo, pero os establecementos aínda están a tempo de adherirse

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou hoxe en Meis a casa de turismo rural Abuelo de Arcos, un dos establecementos adheridos ao programa do Bono Turismo.  O delegado destacou o “gran éxito” desta campaña que xa esgotou os 16.000 bonos descargables e lembrou que os establecementos aínda están a tempo de participar nesta iniciativa na que Turismo de Galicia inviste un millón de euros e coa que espera mobilizar preto de dous millóns.

O bono turístico foi unha iniciativa que naceu coa pandemia e que “demostrou ser unha ferramenta moi efectiva á hora dedesestacionalizar e descentralizar o turismo en Galicia”, valoran dende a Xunta.

Os usuarios que teñen descargado algún dos bonos poderán utilizalo a partir do día 10 de setembro e ata o 25 de decembro en calquera dos establecementos adheridos. A relación pode verse na web da iniciativa.

Actualmente poderanse beneficiar do bono turismo preto de 400 establecementos turísticos de aloxamento en Galicia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620