Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

Os defuntiños seguen moi vivos polas rúas de A Illa de Arousa

A tradición dos defuntiños en A Illa de Arousa segue moi viva. Os cativos da localidade saíron onte ás rúas da vila, como cada ano no día de Defuntos, para pedir, porta a porta, “polos defuntiños que van alá”.

Disfrazados algúns, outros simplemente con bolsas, os nenos percorreron a localidade, visitando a familiares, veciños, negocios e entidades como a Confraría. En todos estes lugares xa estaba todo preparado, con doces de todo tipo para satisfacer este particular petitorio.

Trátase dunha antiga costume que mestura elementos da tradición de Defuntos co samaín e mesmo o halloween, pero que vén de moitos anos atrás nesta localidade e que segue viva, saltando de xeración en xeración.

A xornada foi así de carácter festivo e tamén serviu para estrear, aínda que de xeito informal, a reformada Avenida Castelao, botándose xa a percorrer a rúa nos tramos rematados, agora de carácter moito máis peonil.

A Illa pode gabarse tamén de ser o municipio saliniense que máis anos leva celebrando un desfile de samáin e este luns volveu deixar ben alto o listón da orixinalidade dos disfraces, a boa participación e o ambiente festivo, con grandes e pequenos.