Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

A comodidade dos glampings supera aos tradicionais campings para as vacacións no medio da natureza

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Este verán o turismo ao aire libre mostra unha tendenza á comodidade e o confort dos glampings, estancias de luxo ao aire libre,  fronte á experiencia salvaxe e máis real dunha acampada tradicional. Así o manifestan negocios deste tipo de aloxamentos da zona de San Vicente do Mar, donde deixan claro que as reservas de glamping rebasan con creces ás do camping tradicional.

Ata o momento, algúns negocios afirman que a temporada de verán para os campings está sendo máis frouxa que en anos anteriores, centrándose sobre todo en estancias cortas de fin de semana e reservas de última hora, segundo explican dende Camping Sol y Mar. Porén, agora de cara ao mes de agosto están comezando a intensificarse as chamadas, asegurando que está case todo cuberto ata, máis ou menos, o día 20.

Pola la súa parte, os glamping xa contaron cunha gran demanda dende o mes de xaneiro. “En nuestro caso tenemos un par de clientes consolidados que en enero ya estaban haciendo sus reservas, pero en general la mayoría suelen ser con bastante antelación, exceptuando alguna llamada de última hora para rellenar algún hueco suelto”, manifesta o xerente do Camping & Glamping Muiñeira. Tamén, desde Camping Miami Praia aseguran que “casi la mitad del mes de agosto fue reservada en ese mes”.

Esta modalidade comeza a recibir reservas en xaneiro, mentres que os campings son de última hora

Desta forma, estes dous negocios  –que xestionan ambos tipos de aloxamento– confirman o auxe dos glampings para a temporada estival fronte aos campings tradicionais, destacando ademais que gran parte das reservas soen ser estranxeiras. “En junio, el 70% eran turistas extranjeros y el resto nacional. Ahora en los meses de julio y agosto casi todo es nacional, pero sé que aún va a entrar gente de Suíza, Francia e Irlandeses”, comentan desde el Miami Praia.

No caso do Camping & Glamping Muiñeira, un dos seus principais obxectivos é ter unha proxección cara un público máis de fóra, motivo polo cal “el 60% suele combinarse entre gente de otras comunidade de España y de otros países como Alemania, Holanda, Reino Unido, Bélgica, Portugal...”.

Non obstante, respecto aos campings, todos coinciden en que a demanda é maioritariamente de persoas doutras partes de Galicia, e sinalan un aumento da demanda de parcelas para autocaravanas, furgonetas ou campers fronte as habituais tendas de campaña ou bungalós, un aspecto que remarca aínda máis o feito de que existe unha clara tendencia á comodidade neste tipo de turismo de naturaleza e activo, ao querer levar “a casa a costas”.

Vacacións familiares

Os negocios tamén apuntan que a maior parte das reservas soen ser de familias, destacando algunha parella e moi poucos grupos de amigos. Neste sentido, sinalan sobre todo un auxe das familias polo sistema do glamping, alegando que “suelen venir personas que no están habituadas al mundo del camping, pero quieren sentir una experiencia más de naturaleza y también que sus hijos salgan un poco de la rutina de la ciudad. Además, buscan la comodidad de no tener que lidiar con el hecho de montar una tienda campaña”, explica o xerente do Muiñada.

Por outro lado, pese a esta predilección por estancias máis equipadas e confortables, os negocios de San Vicente do Mar confesan que neste sentido non perciben que haxa unha maior demanda dos usuarios pola incorporación de máis ou novos servizos  nos recintos comúns.

Hai unha gran demanda de público europeo por estas estancias de máis confort

Nesta liña, desde o Camping & Glamping Muiñeira aseguran que tratan de estar sempre actualizados en canto ás prestacións que ofrecen, sendo a súa última incorporación un punto de carga eléctrica ante o aumento nas carreteras deste tipo de vehículos.

Pola súa parte, desde a xerencia do Camping Miami Praia admiten que carecen de piscina nas súas instalacións e os visitantes si que adoitan preguntar con frencuencia por iso. Porén, consideran que esta carencia axuda a incentivar a visita ás praias locais nunha zona privilexiada como é San Vicente do Mar en O Grove.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620