
O BNG de Meaño denuncia publicamente o mal estado de tres puntos no concello e urxe a súa reparación, ante o perigo que poden ocasionar aos viandantes.
Sinalan, así, o mal estado da pasarela na Ponte de Dena, que seguen sen repoñer as varandas da ponte do río no lugar de Abuín (Dena) e que o acceso comunal a un monte entre Xil e Cobas está “totalmente impracticable”.










