Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

“As Letras no Mar” estreará a tempada de vela tradicional en A Illa neste 17 de maio

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Illa celebrará este 17 de maio co tradicional acto que mestura navegación e literatura, no porto de O Xufre. “As Letras no Mar” é o título elixido nesta ocasión para a cita na que confluirá a conmemoración do Día das Letras Galegas co arranque da tempada de vela e navegación tradicional, impulsada pola Asociación Cultural e Deportiva Dorna, una institución na vila.

O acto terá lugar mañá martes, a partires das 11 horas e inclúese no programa “Letras 2022” do Concello insular.

Próximos eventos

A seguinte parada será o xoves 19, coa presentación do libro de Juan Otero “100 Anos de Salitre nas Mans”. Será na flamante biblioteca municipal, na Casa de Goday, a partires das 20 horas, co autor, que estará ademais acompañado polo escritor e xornalista Fernando Salgado e polo patrón maior da Cofradía de A illa, Juan José Rial Millán.

O xoves 26, tamén ás oito da tarde e tamén na biblioteca, será quenda de “O Cantar das Conserveiras - Xurxo Souto, 20 Anos de Literatura”. O autor, ademais de presentar as súas últimas novidades, fará un percorrido polas dúas décadas de literatura ás súas costas e non faltará o canto.

Mesma hora e ubicación, pero o martes 31, tomará o autor Xurxo Mariño para presentar “Unha Mente que Voa - Unha Mirada á Evolución da Linguaxe”. Antes, o sábado 28, aínda haberá tempo dun concerto de “Quilma”, no auditorio municipal, desde as nove da noite.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620