Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

Alumnado do Bierzo achégase ao uso da lingua galega a través dun campamento en Vilanova

Uns setenta alumnos de centros do Bierzo que cursan lingua galega participan esta semana nun campamento no albergue xuvenil de As Sinas, en Vilanova, co obxectivo de impulsar a convivencia durante dous días nunha­ contorna natural privilexiada, onde os participantes gozan dun tempo de lecer, formación e dinamización cultural coa lingua galega como vehículo de expresión, aprendizaxe e relación.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, visitou onte aos participantes desta iniciativa organizada no Programa de promoción do galego desenvolvido polo goberno de Castela e León e a Xunta nos territorios limítrofes. Neste senso, o representante autonómico puxo en valor o traballo feito desde o executivo galego ao abeiro do Pacto pola lingua “co obxectivo de impulsar e prestixiar o uso da galego en todos os ámbitos da sociedade e entre todos os grupos de idade, especialmente a xuventude”. Neste contexto, fixo referencia á proxección exterior da lingua galega noutras zonas nas que se fala ou existe un alto grao de comprensión. “É unha das liñas estratéxicas que se están a abordar nas mesas de traballo creadas para a renovación do Plan xeral de normalización da lingua galega”, puntualizou.