Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

O acusado de intentar asasinar a súa exmuller recoñece os feitos e acepta doce anos de prisión

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O acusado de intentar asasinar a súa exmuller tras disparala en varias ocasións no Grove no ano 2018, acepta doce anos de prisión na segunda sesión do xuízo celebrado onte na Audiencia Provincial de Pontevedra.

A diferenza da sesión anterior, na que o acusado indicou que non  recordaba nada do acontecido, nesta ocasión, recoñeceu a autoría de todos os feitos. Este cambio de opinión chegou despois de que, tanto os avogados da defensa coma a acusación particular e o fiscal alcanzasen un acordo. Deste modo, o acusado mostrou a súa disposición de asumir unha condena de dous anos de prisión polo delito de malos tratos, nove meses polo quebrantamento de condena, un ano pola tenencia ilícita de armas e oito anos polo delito de asasinato con aleivosía en grao de tentativa coa agravante de parentesco e de xénero.

Tras o xuízo, a vítima valorou o acontecido na sala indicando que non estaba satisfeita pero sí mais tranquila e desexando “que se acabe”. “Penso que deberían de caerlle moitos anos máis polo que fixo”, indicou a vítima e engadiu: “o que fixemos fou chegar a un pacto de conformidade, na anterior vez non quiso, epro esta sí. O que me importa é que é unha sentenza firme e non hai cabida a recurso”.

En relación a isto, a vítima sinalou que o acusado xa foi trasladado ao cárcere polo que tanto ela coma a súa filla poderán “estar libres, que é unha sensación que non teño desde hai moito tempo”

Os feitos polos que o acusado acepta os doce anos de prisión remóntanse a diciembre do ano 2018. Nestas datas, tal e como recolle o escrito de acusación da Fiscalía, o home entrou na vivenda da vítima coas súas propias chaves e disparou unha arma a súa exparella que lle caousoy feridas graves no pómulo e pescozo. A muller tivo que ser rescatada pola fiestra tras pedir auxilio aos transeúntes. Despois de disparar a súa exmuller, o acusado autolesionouse coa mesma arma e tivo que ser operado..

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620