Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

A actividade turística de Sanxenxo aumenta nun 20,7% no primeiro semestre do ano

A actividade turística de Sanxenxo creceu nun 20,7% no primeiro semestre do ano, unha cifra que indica que desde xaneiro a xuño do 2025 pernoctaron 221.426 viaxeiros fronte aos 183.507 do mismo periodo en 2024. Así, os datos proporcionado polo Big Data telefónico contratado pola Mancomunidade do Salnés para medir o turismo, reflicten que se está conseguindo o obxectivo principal do municipio, como recolle o seu eslogan “Sanxenxo 365 días diferentes”.

Xaneiro é o mes con menos actividade turística, tendo en conta que moitos establecementos aproveitan para descansar neste período. Porén, foi o de maior crecemento con 18.022 visitantes que pernoctaron, un 10,25% máis que no 2024, que foron 16.352.

O segundo mes en aumento de viaxeiros que pasaron a noite na localidade foi xuño, cun incremento do 9,92% entre o ano pasado (74.002) e o actual (81.383).

En canto á evaluación dos visitantes polo día, é dicir, que non pernoctan, senón que veñen a pasar unhas horas a Sanxenxo, foron 815.858 persoas no primeiro semestre, fronte aos 806.445 de 2024, o que supón un leve aumento do 1,20%.

Por último, en canto ao número de visitas, pasouse das 2.522.529 do 2024 ás 2.651.409 do primeiro semestre deste ano, sendo un aumento do 5,10%. É dicir, crece moi pouco o número de persoas diferentes que visitan o concello polo día, non obstante, si que crece significativamente o número de visitas. En ambos casos trátase de cifras moi importantes que respaldan o atractivo que ten Sanxenxo entre as persoas que viven a unha distancia dunha hora ou menos.