
O Concello de Boiro celebra o vindeiro venres 9 de febreiro o Xantar de Confraternidade da Terceira Idade, unha cita anual para as persoas xubiladas e maiores de 65 anos. O prazo de inscrición para asistir a este xantar estará aberto ata o martes 6 de febreiro a través do departamento de Servizos Sociais (segundo andar do Concello de Boiro) sempre previstos do DNI das persoas solicitantes, por un prezo de 25 euros por persoa.
Este xantar, que "é unha das citas máis especiais do ano", está previsto para unhas 500 persoas, segundo presentou o alcalde, José Ramón Romero. En canto ás inscricións haberá cambios con respecto a outros anos, xa que se poderá efectuar o pago con tarxeta no momento da inscrición e tamén se poderá facer a reserva previa de mesa.