Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Barbanza

Unha veciña de Boiro pide unha praia de cans a través das redes sociais e rediculizando ao alcalde

Unha veciña de Boiro, con case 400.000 seguidores nas redes sociais, comezou a subir vídeos en ton cómico ao seu perfil para facer referencia á postura que adopta o alcalde ante a súa petición de habilitar unha praia para cans no municipio.

A muller asegura que leva anos mantendo conversas co mandatario para pedir que unha zona próxima á Praia da Barraña admita aos cans.

Pola súa banda, o Concello aseguran que sería imposible obter os permisos neste areal pola presenza das píllaras.

“As localizacións que estabamos valorando eran outras, e a máis propicia é unha praia pequena que está en Abanqueiro e que se chama Serrates”. Nesta zona lograron informes favorables e teñen previsto propoñer o espazo en canto teñan o expediente rematado.

O Salnés destino petfriendly

A Mancomunidade inicia a segunda fase do proxecto ‘O Salnés Petfriendly’ e levará a cabo auditorías nos concellos que integran a comarca para identificar recursos públicos dispoñibles e posibles melloras ou áreas que poidan ser espazos petfriendly.