Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Barbanza

A Romaría de Exipto volve a Abanqueiro do 1 ao 4 de agosto tras recuperar a festa no 2024

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Comisión de Festas de Abanqueiro e o Concello de Boiro presentaron esta mañá unha nova edición da súa tradicional Romaría de Exipto que tras recuperarse o ano pasado, nesta ocasión terá lugar do 1 ao 4 de agosto.

As actividades comezan o venres día 1 de agosto coa subida dos santos da Igrexa de Abanqueiro á Capela de Exipto e unha misa ás 20:30 horas. A partir das 21 horas terá lugar o festival O Retumbar da Telleira que inclúe o espectáculo para todos os púbicos “Ghop” de Teatro ao Cubo, o concerto de King Sapo, de Triángulo de Amor Bizarro, e una sesión con Curi e Soundivan.

O sábado o programa comezará coas alboradas a cargo de O Ar de Loureda e Arume, un mercado ecolóxico na contorna da capela de Exipto e animación infantil. Ás 12.00 horas terá lugar a misa na honra de San Antonio e una sesión vermú e sardiñada amenizada pola Duendeneta e Paparota Hardcore. Pola tarde será a quenda do torneo de birlos e pachanga do 40 aniversario do Abanqueiro e, pola noite, unha verbena a cargo do grupo Atenas e a Duendeneta.

O domingo arrincará temprano con misas na honra da Virxe de Exipto ás 9, 10, 11 e 12 horas, cando sairá a procesión. A romaría chegará ata o monte de Exipto onde tamén haberá oco para os xogos populares e o porco mecánico. Xa pola noite, para pechar as festas os veciños poderán gozar do concerto de Ajencia Trivutaria e Cabina Mobil.

Entre toda a actividade, durante toda a fin de semana Abanqueiro contará con polbeira da man de Enxebre Catering do Carballiño e unha gourmet foodtrack do Asador de Polos Briattore.

Esta romaría comenzou no ano 1880, pero dende o ano pasado vive unha etapa de recuperación e dinamización, tal e como apuntan dende a Comisión, polo seu traballo e compromiso  así como polo apoio dos veciños. “Cómpre destacar tamén a enorme resposta dos veciños e veciñas, que participaron activamente nas peditorias, contribuíron con achegas voluntarias, e ofrecen o seu tempo e esforzo para manter viva esta festa”, apuntan.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620