Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Barbanza

O presidente honorífico de Actemsa recibe unha medalla pola súa traxectoria empresarial

Severino Escurís Batalla, presidente honorífico de Actemsa, conserveira de A Pobra, recibiu  hoxe a Medalla de ANFACO porla súa traxectoria empresarial nun acto que tivo lugar en Vigo.

Esta distinción foille otrogada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, en recoñecemento a “una vida entera dedicada al desarrollo del sector conservero gallego”.

Severino, que cumplirá 100 anos este verán, destacou o seu percorrido empresarial iniciado no seno da empresa familiar Conservas Escurís, marcada sempre, según destaca ANFACO, “por una visión pionera, una vocación industrial sin fisuras y una capacidad de liderazgo que han dejado una huella profunda en la cadena mar-industria”.

O evento contou tamén coa presencia do presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, o delegado do Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares e a de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez.