Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Barbanza

A Pobra promove o consumo de produtos do mar nun evento gastro

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou onte no arranque da iniciativa ‘De Pobra a Portosín, tapeando polo mar’, unha actividade gastronómica organizada polas asociacións de empresarios de A Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, co fin de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio e a vida socioeconómica destas localidades, e fomentar a colaboración entres os concellos nas que se sitúan.

A acción, que se desenvolve os días 16, 17, 30 e 31 de maio, e o 6 e 7 de xuño, conta co apoio econó-mico de Mar e busca impulsar o consumo de peixe local e de tempada, ademais da actividade turística que leva aparellada a actividade marítimo-pesqueira da comarca.

Os produtos protagonistas serán o mexillón, o atún e a anchoa, que rotarán entre as tres localidades, de modo que cada unha delas acollerá actividades centradas nas tres especies en distintos fins de semana. Así, haberá sho-wcookings en directo a cargo de cociñeiros e hostaleiros locais e foodtrucks con propostas culinarias innovadoras, entre outras propostas de lecer.

Esta ruta gastronómica  non chegará só á localidade de A Pobra do Caramiñal, senon que tamén tocará terra en Ribeira e Portosín ao longo do mes de maio e comezos de xuño nesta  primeira edición do que pretende ser unha actividades que ensalce os produtos do mar da ría de Arousa, e dinamice o sector hostaleiro local ofertanzo unha experiencia culinaria e cultural única na comarca do Barbanza.

Os veciños poderán encontrar nestas datas unha oferta de tapas elaboradas con produtos emblemáticos da ría —como o mexillón, o atún e a anchoa—, así como showcookings en directo, e animación nas prazas para celebrar en tres fins de semana, en tres vilas e con tres productos do mar como protagonistas.

Durante estas tres xornadas, os asistentes poderán degustar tapas creativas preparadas polos establecementos participantes, pero tamén poderán asistir a demostracións culinarias en vivo e desfrutar dun ambiente festivo que destaca a riqueza da cultura mariñeira galega.

Esta actividade súmase a unha semana na que A Pobra celebrou tamén a campaña ‘Galicia Sabe a Mar’ para animar á cidadanía a consumir producto de mar.