Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Barbanza

A oposición critica os prazos de presentación dos orzamentos para 2025 no último Pleno

O último Pleno do Concello de Boiro deixa un reclamo da oposición ante os tardíos orzamentos do 2025 propostos polo goberno local fai uns días. “Chegan tarde e están descompensados”, aseguran.

Dende Boiro Novo critican que a maior parte do crédito vaia destinado á Casa da Cultura e pola súa parte o Partido Popular teme que no 2026 o Concello teña “un problema muy grave en las arcas municipales”.

O outro punto de debate foi o Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais, no que dende Boiro Novo lamentaban o rechazo do goberno al alegacións que presentou o seu partido para mellorar a proposta inicial.

O portavoz do goberno local, Luis Ruiz Laíño, respondeu as críticas asegurando que a súa aposta polo plan foi mínima porque “a competencia neste caso é da Xunta” e esta non tería prestado apoio económico.