Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Barbanza

Erik Calvo | “Gústame facer as actividades sobre coidar o medio ambiente, como limpar as praias”

A atención que Amicos presta a través de Pekes lévase a cabo no colexio da asociación, ubicado en Oleiros, que conta cunha unidade de atención temperá e un centro de educación especial, formados ambos por un equipo especializado nas áreas motora, comunicativa, social e perceptivo-cognitiva. Ademais, dende o centro se ofrece seguimento e apoio personalizado ás familias dos cativos.

Sen embargo, a actividade de Pekes non se reduce só ao traballo dentro do centro. O equipo desta área traballa man a man con colexios da zona para crear espazos inclusivos a través do xogo mediante iniciativas como Badaboom e ofrece apoio e fomación ao profesorado con proxectos como Inc-Leisure, ao abeiro de Erasmus+. Así, Pekes serve de apoio e complemento ao traballo que os cativos fan no cole, traballando sempre en favor de facilitar a súa inclusión na sociedade. É este mesmo obxectivo o que se busca cando se trata dos mozos e mozas que asisten ao centro. Con eles trabállase para que se convertan en adultos o máis autónomos posible, para o que se reforzan coñecementos prácticos no piso-escola situado en Ribeira.

¿Canto tempo levas en Pekes?

Chámome Este é o meu terceiro ano. Cheguei ao pouco de vir de Escocia, onde vivía, polo que ao chegar tiven que adaptarme e aprender castelán.

¿Cantos días ves ao centro á semana?

Antes viña tres días á semana aquí e dous ao outro colexio, pero agora só veño dous aquí e vou tres ao colexio ordinario. Levo ben o de ir a dous coles porque me gustan os dous, pero o que levo mal é ter que preparar dúas mochilas.

¿Que actividades adoitas facer ná área de Pekes de Amicos?

Traballo exercicios de reforzo en matemáticas, lectura, escritura… e fago tarefas como poñer a mesa ou atar os cordóns. Tamén traballo en controlar as miñas emocións, e facemos moitas saídas e visitamos outros colexios. A excursión que máis me gustou polo de agora foi a visita á Apípolis, unha granxa de abellas.

¿Das actividades que fas no centro de Pekes, ¿cales son as que máis che gustan?

Gústame facer as actividades sobre coidar o medio ambiente, como limpar as praias.

¿É divertido vir a Pekes?

Si, gústame moito. Gústame moito estudar e aprender cousas novas. Noto que vir a Amicos me fai ben porque estou máis tranquilo, non sei explicalo moi ben, pero estou tranquilo.

¿Recordas o teu primeiro día aquí? ¿Como te sentiches?

Estaba moi nervioso porque todo era novo para min.

¿Sabes se o equipo de Pekes fixo algunha actividade no teu colexio? ¿Como viviches o de facer esas actividades cos compañeiros do teu colexio ordinario?

Si, fixemos o contacontos do Monstro Rosa polo Día do Libro cos pequenos do meu colexio, o da Barquiña de Noia. Foi moi raro que se xuntasen os dous colexios, fun visitar a miña clase e os meus amigos sorprendéronse de verme. Como sei ler e me gusta, eu lin durante o contacontos, e outros compañeiros de Pekes levaban carteis para os pequenos, e fixemos xogos sobre o conto. Foi moi divertido.

¿Fuches algunha vez ao Festiritititi? ¿Pasáchelo ben?

Si, pero cando vou adoito ir co colexio ordinario. Participamos nos xogos e gañamos, eu era do equipo laranxa. Cando vin aos compañeiros de Pekes saudeinos. Pasámolo moi ben.