Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Barbanza

Un cento de activistas concéntranse frente aos xulgados de Padrón na defensa do galego

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e a tiktoker Sara Seco acolléronse ao seu dereito a non declarar no xulgado de Padrón ao considerar que é a Policía de Rianxo a que ten que demostrar un suposto delito de inxurias despois de facer público un atestado no que se afirmaba que os traballadores públicos ‘‘non tiñan a obriga de falar en galego’’ a quen llo solicitase. Acompañados de un cento de persoas, Maceira e Seco aseguraron que ‘‘a propia denuncia da policía amosa a falsidade das súas acusacións’’, pois aseveran que no atestado ‘‘a policía mentiulle a un cidadán’’.

Defensa da lingua galega

A Mesa pola Normalización Lingúística entende que esta denuncia atenta contra a liberdade de expresión e contra os dereitos lingüísticos da poboación galega  coa vontade de ‘‘intimidar e amedrentar a quen ouse pór en evidencia as actitudes hostís á lingua galega’’.

‘‘Esa actitude ficou clara no proceso xudicial contra o cidadán que reclamou o seu dereito á atención en galego’’, engadindo que ‘‘e agora denunciando destacados membros da Mesa pro reproduciren a literalidade dun atestado policial e dunha resolución sancionadora’’.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620