Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Barbanza

O candidato do PSOE de Boiro promete o saneamento e a mellora do centro social en Cures

O candidato á reelcción como alcalde de Boiro, José Ramón Romero, iniciou este luns no centro social de Cures os encontros coa veciñanza de todas as parroquias para presentar as propostas que pretende desenvolver o PSdeG-PSOE de cara ao novo mandato. O cabeza de lista dos socialistas, que estuvo acompañado por dous dos seus compañeiros de lista e tamén no actual equipo de goberno, Luis Ruiz e María Outeiral, deu conta das actuacións realizadas na parroquia nos últimos anos e presentou as iniciativas do seu programa electoral para Cures. Por un lado, falou dun servizo integral de saneamento, xa que “as grandes obras son necesarias, pero os servizos son fundamentais e non pode ser que sigamos tendo vivendas que aínda non estean conectadas á rede”, afirmou Romero.

Neste sentido, a solución que plantexou a cabeza visible do PSOE local foi completar a rede de alcantarillado e dotala dunha instalación de depuración de augas residuais. “un novo modelo que vai permitir aforrar costes enerxéticos e mellorar a calidade do servizo”, dixo. O alcaldable do partido do puño e da rosa tamén presentou melloras previstas no centro social, do que dixo que "podería dar un mellor servizo á veciñanza, acollendo máis actividades, pero para iso precisa dunha renovación integral”, recoñeceu o líder dos socialistas boirenses, que se referiu á impermeabilización do centro para evitar as filtracións de auga.