Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Barbanza

As rúas e prazas céntricas da Pobra convertíronse nun ronsel de verbena polo Día das Letras Galegas

A Pobra acolleu este mércores o prato forte da súa programación deseñada para o presente mes para conmemorar o Día das Letras Galegas. Foi co "Ronsel de verbena", que a partires das once daa mañá e ata as dúas da tarde  fixo que as prazas do casco urbano da vila se convertise no punto de encontro coa cultura, a través dun percorrido guiado, esceas costumistas, música, bailes, cantos e desfile de traxes tradicionais. Todo iiso foi posible grazas á implicación de asociacións como Caramiñas, Eiradela, Arrancadeira, Xiada e Ruadiña, así como do Museo Valle-Inclán. Os espazos elixidos para este multiespectáculo foron o adro da igrexa do Castelo, os xardíns Valle-Inclán, as prazas de Maura, de Galicia, Victoriano García Martí e Cantón da Leña.