Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

Vilagarcía celebrará a XXXII Gala do Deporte o 28 de marzo

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Vilagarcía celebrará a XXXII edición da Gala do Deporte o venres 28 de marzo no Salón García, polo que xa está aberto o prazo de presentación de candidaturas para elixir ao "Mellor Deportista Local do Ano". A Fundación de Deportes vén de publicar as bases reguladoras da convocatoria, que poderá premiar a atletas, equipos, adestradores, técnicos, preparadores ou árbitros. O galardoado darase a coñecer na XXXII Gala do Deporte, que se celebrará o vindeiro 28 de marzo no Salón García.

Poderán formular as súas propostas os clubs, entidades deportivas ou calquera persoa a título individual que o desexe mediante a presentación do formulario cuberto que pode obterse a través do taboleiro web ou nas oficinas de Fundación, sitas en Fexdega. Tamén se poderá presentar en Sede Electrónica. O prazo remata o 24 de febreiro. As bases do certame están dispoñibles no taboleiro da web municipal.

Para optar ao premio ao Mellor Deportista Local do Ano, as propostas presentadas deberán ir acompañadas dun currículo de méritos por cada candidato, e dunha memoria explicativa. Aconvocatoria dos Premios refírese á tempada deportiva 2023/24 ou ao ano 2024.

Jessi
Jéssica Bouza foi a gañadora da útlima edición

Un Xurado profesional será o encargado de determinar o premiado. Estará composto por: Carlos Coira, concelleiro municipal e Presidente da Fundación de Deportes; Juan Miguel Doval, director deportivo da Fundación; Antón Paz, deportista de honra da vila; Marta Ferradáns, membro do Consello Rector; Isidoro Canabal, adestrador; Gonzalo Sánchez, xornalista deportivo e Ángel Francisco Vilas, presidente do Consello Consultivo do Deporte.

Así mesmo concederanse mencións especiais nos apartados de Directivos/Colaboradores; Adestrador/Monitor/Árbitro; Traxectoria Deportiva, Institucións/Empresas e a Xornalistas/Medios de Comunicación.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620