
O Portonovo de David Eirín remata hoxe a temporada en Baltar, medíndose ó CD Velle, un equipo que xa está descendido a Primeira Autonómica. Por outro lado, o conxunto local quere sumar eses tres puntos para lograr rematar a tempada entre os cinco primeiros clasificados. “Quizás ó principio da liga, por fora do entorno, creáronse unhas expectativas máis altas, pero o certo é que o noso obxetivo inicial sempre foi lograr a permanencia”, comenta David Eirín.
“A tempada é de notable alto. Agora hai que lograr unha última victoria na casa para conseguir o obxetivo que nos marcamos nós mesmos que é rematar entre os cinco primeiros”, destaca o técnico do Portonovo. “O equipo está ben, pero a situación xa é diferente. Hai xente que xa está en ambiente vacacional e imos bastante xustos de plantel, completaremos con algún xogador juvenil”, resalta. Non estarán por lesión: Varo, Migui, Lucas Aguín, e Santi. Pichi está fóra por sanción.










