Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

Piden que o pavillón Castelao leve o nome de Helena Mariño

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O CB Vilagarcía presentou unha solicitude formal ao Concello de Vilagarcía de Arousa para pedirlle que o pavillón Municipal de Castelao pase a chamarse Helena Mariño. De esta forma o clube continúa coas homenaxes á que foi a coordinadora e adestradora “desde os nosos comezos e a que consideramos que foi unha das personas máis importantes no mundo do baloncesto da nosa cidade das últimas décadas”, cando se van a cumprir dous anos do seu pasamento.

“Entendemos que este recoñecemento non fará mais que dar xustiza a súa labor por e para os vilagarciáns que se sentirán orgullosos e orgullosas de ver o seu nome coma guía a seguir nun lugar tan emblemático para o baloncesto coma este onde tantas horas pasou formando ás novas xeracións”, din dende o clube.

Helena Mariño formouse nas categorías inferiores da AD Cortegada ata participar no primeiro ascenso á máxima división nacional, mantivéndose durante anos na elite do basket feminino formando parte dun grupo de xogadoras “da casa” que despertou o cariño de toda a cidade.

Pioneira, formándose como adestradora na primeira promoción que se impartiu no Concello dunha titulación única en Galiza, Helena Mariño adestrou en múltiples equipos cos que acadou varias finais galegas. Tamén foi delegada federativa na Delegación Arousana de Baloncesto, dirixindo e velando polos intereses da comarca.

“Pensamos que sobran os motivos para que o lugar onde tantas e tantas horas pasou traballando coa canteira leve o seu nome”.

O CB Vilagarcía convida ao resto de clubes da cidade a apoiar esta solicitude “co firme desexo de seguir honrando a súa memoria”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620