
O Pazo de Goiáns será escenario este domingo 21 de setembro da IX edición do Trail dos Indios – Castelo de Vitres que organiza o Club Tribu Trail. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Xosé María Rodríguez, membro do club.
A proba sairá e terá a meta no Pazo de Goiáns e consistirá nun trail de dificultade elevada que transita por sendeiros e zonas moi rochosas así como beiras de ríos, polo que está pensada para persoas dun nivel físico medio-alto.
“Trátase dunha proba moi dura pero que transcorre pero moi visitosa polos lugares polos que transcorre”, afirmou o concelleiro. Este ano contará con tres percorridos para adaptala aos distintos niveis e contará con un de 25 quilómetros, outro de 15 e outro de 9.5, ademais de unha carreira nas inmediacións para os mais pequenos.
“A gran novidade deste ano é que a saída se vai facer dende o Pazo de Goiáns, un enclave patrimonial do noso municipio que da un valor engadido á proba”, afirmou Xosé María. As inscricións para este ano están xa pechada e contase con record de participación alcanzando os 533 participantes.
O prezo da inscripción varía en función dos quilómetros que se fagan, indo dendo os 15 ata os 25 euros, que se pagarán no caso de facer os 25 quilómetros.