Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

A Deputación vai distribuír 600.000 euros entre 519 clubs deportivos da provincia

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, confirmou hoxe que a Xunta de Goberno deu luz verde ao reparto de 600.000 euros entre 519 clubs deportivos de 58 concellos da provincia que participan en competicións federadas de ámbito inferior ao estatal. “Somos a provincia do deporte, e para seguir séndoo temos a obriga de apoiar aos noso deportistas e clubs, que levan con orgullo o nome da nosa provincia alá onde compiten”, asegurou López.

Os clubs pertencen, tal e como explicou o presidente, a todo tipo de disciplinas deportivas: desde fútbol ata balonmán, ciclismo, padel, rugby, artes marciais, atletismo, montañismo, caza, esgrima, boxeo ou, entre outras, patinaxe. Cada un dos clubs recibirá ata un máximo de 3.000 euros e con estas contías poderán sufragar gastos federativos, de competición e adestramento, de persoal, de material deportivo ou gastos sanitarios.

Máis polo miúdo, na contorna de Pontevedra 79 clubs deportivos reciben un total de 101.000 euros, nas comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes son 48 entidades as que contarán con 47.724 euros, no Morrazo 22 clubs reciben 31.576, na contorna do Salnés e Arousa se reparten 83.811 entre 69 clubs e en Vigo e o sur da provincia as achegas benefician a 301 clubs cun total de 335.652 €.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620