
O Club Remo Puebla organiza, xunto á Federación Galega de Remo e en colaboración co Concello da Pobra, o Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo de Mar. A proba, na que se darán cita clubs de toda a Comunidade, celebrarase o domingo 14 de setembrona praia do Areal. O paseo acolleu a presentación oficial da cita, na que interviñeron a concelleira, Patricia Lojo, e o presidente do Club Remo Puebla, Emilio Dieste.
Durante a súa intervención, a edil lembrou os últimos logros acadados polo Club Remo Puebla, aos que cualificou como un “exemplo de traballo, dedicación e esforzo”. Nos últimos meses, o equipo de veteranas do Club Remo Puebla gañou a Liga Galega de Veteranas, o equipo de cadetes masculino converteuse en campión de España no Campionato de España de Traiñeiriñas e, ademais, o Club conseguiu varios metais no Campionato de España de Bateis.
Na competición haberá as seguintes categorías en función da idade dos participantes: absoluto (3.000 metros), xuvenil (3.000 metros), cadete (2.000 metros), veterán (2.000 metros), infantil (1.000 metros) e alevín (700 metros), pudendo elexir a modalidade.








