Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

O Ciclocross Concello de Boiro atraerá a 400 ciclistas

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Club Ciclista do Barbanza organiza o XXXV do Ciclocross Concello de Boiro 2022 que terá lugar nas inmediacións do estuario do río Coroño o vindeiro domigo 6 de decembro. Na presentación, que tivo lugar onte, participaron a concelleira de Deportes, Dores Torrado, o presidente do Club, Ricardo Riveiro, e o técnico de ciclocross da Federación Galega de Ciclismo, Berto del Rio.

Esta proba deportiva conta co respaldo do Concello e está preparada para as categorías Cadetes, Xuveniles, Elite, Sub 23, Master 30-40-50-60, todas elas en categorías masculina e feminina. “É moi satisfactorio ver como esta proba, que abarca unha gran cantidade de deportistas, se mantén no tempo”, afirmou Ricardo Riveiro.

O circuíto, duns 3.000 metros, estará montado nas inmediacións do Río Coroño, collendo o pinar, un anaco da praia de Barraña e tamén parte da estrada. “Tratase do circuíto máis lonxevo de todo Galicia e que se mantén no tempo”, afirmou o técnico da Federación, que anunciou que se trata da décima proba puntuable da Copa Galicia e que é de carácter nacional.

Está previsto que participen arredor de 400 participantes, principalmente de Galicia pero tamén chegarán dende outras partes de España. “Esta proba é unha mostra da constancia no traballo e do alto nivel organizativo que caracteriza ao Club Ciclista Barbanza”, afirmou a concelleira de Deportes, Dores Torrado no acto de presentación que tivo lugar onte no Concello.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620