Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

Caldas homenaxea aos cinco deportistas galegos de alto nivel do Número Phi

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O salón de plenos do Concello de Caldas converteuse nun espazo de emoción e orgullo colectivo coa recepción oficial aos cinco deportistas do Club Número Phi que acadaron o recoñecemento de Deportista Galego de Alto Nivel (DGAN), coincidindo co quinto aniversario da entidade capitaneada por Lúa Piñeiro e Fernando Rascado. No acto estiveron presentes o alcalde e o tenente de alcalde, xunto coa corporación municipal, quen puxeron en valor o exemplo dos cinco deportistas: Katy Rebón, Roi Fraga, Ayrton Iglesias, Alejandro Quintela e Bruno García.

O Club Número Phi vén de lograr un récord sen precedentes para a vila con estes cinco recoñecementos, que fala do gran traballo que están a facer. Katy Rebón foi campioa de España cadete, júnior e sub-21 e bronce no Grand Prix Europeo. Roi Fraga foi subcampión de España júnior, campión de España cadete, e bronce no campionato de Europa cadete. Ayrton Iglesias foi campión galego cadete e júnior, e  bronce no campionato de España júnior. Os tres están no Centro de Tecnificación.

Ademáis, Alejandro Quintela foi campión galego cadete e bronce no campionato de España cadete, mentras que  Bruno García foi campión galego cadete e bronce no Open de España.

A recepción concluíu cun aplauso colectivo que simbolizou o apoio de toda o concello. Este recoñecemento, segundo sinalaron os representantes municipais, é un estímulo para que máis nenos e nenas de Caldas se acheguen ao deporte e soñen en grande, porque segundo sinalaron, para lograr os obxectivos primeiro deben ser soñados e queridos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620