Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Arousa

Anxo Lorenzo destaca a proxección da cultura galega na Feira Internacional do Libro de Bos Aires

Feira Internacional do Libro de Bos Aires
Feira Internacional do Libro de Bos Aires
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou a “importante proxección” da cultura galega na Feira Internacional do Libro de Bos Aires, “unha das grandes citas do sector do libro no mundo”. Así o puxo en valor na primeira xornada das actividades impulsadas pola Xunta co gallo destaca que se celebra ata o 11 de maio na capital da Arxentina.

Tal e como explicou o representante da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude, a Xunta de Galicia está presente nesta feira cun expositor propio no que se expoñer máis de 300 publicacións e onde se celebran unha vintena de actividades, entre relatorios, obradoiros, mesas redondas e contacontos. “Isto verase complementado cunha axenda que chegará tamén ao Centro Galicia e ao Instituto Santiago Apóstol e servirá de mostra da nosa Galicia Calidade”, apuntou.

‘Ano Oteriano’ e José Suárez

Por outra banda, o director xeral de Cultura salientou que nesta cita internacional a Xunta divulgará as figuras de Otero Pedrayo, protagonista do Ano Oteriano ao cumprirse 50 anos do seu pasamento, e José Suárez, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2026, ademais de outros referentes da cultura galega.

Para iso, e co obxectivo de contribuír á difusión do sector do libro e da cultura galega, o Goberno galego favorecerá a participación dunha delegación que inclúe a creadores como a narradora Abril Camino, o xornalista e ensaísta Arturo Lezcano, a ilustradora Blanca Milán, o novelista Rodrigo Costoya e o editor Xabier Romero.

Todos eles intervirán en conferencias, mesas redondas ou obradoiros que se celebrarán, entre o 26 de abril e o 9 de maio. Neles tratarán temas como o Camiño de Santiago, a poesía e narrativa na nosa comunidade, a diáspora galega na Arxentina ou a literatura infantil e xuvenil, entre outros eidos que permitirán difundir e promocionar a creación literaria galega máis actual.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620