Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Arousa

A Xunta celebrará as probar para obter os certificados de lingua galega entre o 23 de maio e o 6 de xuño

Os exames realizaranse de forma presencial en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid

Exámanes Celga
Exámanes Celga
EC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia as datas para a realización dos exames que permiten obter os certificados oficiais que acreditan o coñecemento da lingua galega e que se celebrarán entre o 10 e o 31 de maio en Santiago de Compostela, Ponferrada e, tras máis dunha década, volverán facerse tamén en Madrid.

Trátase da primeira convocatoria que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude efectúa este 2026, centrada neste caso nas probas correspondentes aos niveis Celga máis solicitados, o 2, o 3 e o 4. Desta maneira, preténdese continuar favorecendo o coñecemento e emprego do galego en toda a sociedade e, especialmente, entre aquelas persoas non nacidas en Galicia ou que non tiveron este idioma como lingua materna, impulsando o interese por el.

Deste xeito, no caso das probas para a obtención do Celga 4, a convocatoria estableceuse para os días 23 e 24 de maio tanto en Santiago de Compostela, como en Ponferrada e Madrid. Pola súa banda, as datas das probas dos niveis 3 e 2 quedaron fixadas para os días 30 e 31 de maio, respectivamente, nas tres cidades. No caso, do grao 1, será só en Santiago de Compostela o 6 de xuño.

As listaxes definitivas das persoas solicitantes admitidas en cada unha das probas poden ser consultadas no Portal da Lingua Galega . En todas elas, a hora de comezo dos exames será ás 9,00 horas. No caso de Santiago de Compostela, realizaranse no instituto Antón Fraguas para os niveis 4, 3 e 2, mentres que para o Celga 1 será na Escola Galega de Administración Pública. En Ponferrada, celebraranse as probas na Escola Oficial de Idiomas, mentres que en Madrid os exames serán na Casa de Galicia.

A través desta convocatoria, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude mantén o seu compromiso coa promoción da lingua e a cultura galegas e o seu acercamento a outros territorios, dando así a oportunidade a que cada vez máis persoas poidan obter esta certificación. No marco do impulso do uso do idioma e do proceso iniciado baixo o Pacto pola lingua, a Administración Autonómica tamén está a poñer en marcha outras iniciativas como cursos previos para a preparación dos exames ou materiais didácticos gratuítos dispoñibles para a súa consulta no Portal da Lingua Galega.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620