Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Arousa

Galicia Escena Pro 2026 configura unha carteleira con 32 espectáculos e proxectos de produción galega

Galicia Escena PRO
Galicia Escena PRO
Xunta de Galicia
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A 13ª edición de Galicia Escena PRO, o mercado das artes escénicas que organiza a Xunta de Galicia xunto coa asociación Escena Galega, celebrará do 25 ao 28 de maio en Santiago de Compostela cunha carteleira composta por 32 espectáculos e proxectos de produción galega. 

Do total de propostas programadas, 19 compañías exhibirán as súas montaxes en formato completo, mentres que outras 13 presentarán proxectos de próxima estrea en sesións pitching dirixidas a profesionais da programación e da distribución cultural. 

O evento prevé reunir máis dun cento de axentes do sector, consolidándose como unha cita clave para dinamizar a contratación de espectáculos galegos tanto dentro como fóra da comunidade, ao tempo que reforza a proxección social e profesional das artes escénicas do país. O prazo de inscrición para acreditarse abrirase o luns 13 de abril. 

Nesta edición concorreron un total de 136 propostas —82 montaxes e 54 proxectos— ao proceso de selección. Ademais da carteleira principal, o programa incluirá dous espectáculos convidados procedentes de Madrid e Valencia, no marco dos intercambios con outras feiras estatais.

Como novidade, a xornada inaugural incorporará a peza de danza Diz-me, meu amor, interpretada por Raquel Ferradás e María de Vicente.

A selección deste ano ofrece unha panorámica plural da creación escénica galega contemporánea, con presenza de teatro, danza, circo e linguaxes híbridas, combinando compañías consolidadas con novas formacións e autorías emerxentes.

Entre os espectáculos en formato completo figuran títulos como Alén, de Colectivo Glovo; Artur Ui, o ovo da serpe, de Talía Teatro; Bio Construción, de Ibuprofeno Teatro; Manual de patronaxe, de Teatro do Noroeste; O libro da selva. O musical, de Ártika Cía.; ou Xoguetes rotos, de Barrosanta e ButacaZero, entre outros.

Pola súa banda, nos pitchings presentaranse propostas como Clic, de Culturactiva Producións; Comed[IA], de Píscore; Crónica do rei pasmado, de Contraproducións; Curie ou a simetría dos fenómenos físicos, de Empatía Teatro; e Ritu, de Nova Galega de Danza, completando así unha programación que reafirma o dinamismo e a diversidade do sector escénico galego.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620