Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Arousa

A Xunta leva aos centros educativos a programación 'Galicia explora o ceo. Camiño da eclipse 2026'

Esta iniciativa conta con 26 actividades destinadas a estudantes de todas as etapas para desenvolver durante este curso que poderán aínda incrementar

Una niña disfruta del eclipse
Una niña disfruta del eclipse
DA
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe no Colexio Agro do Muíño, en Ames, na presentación de Galicia explora o ceo. Camiño da eclipse 2026, a programación divulgativa e científica da Xunta de Galicia dirixida aos centros escolares con motivo da eclipse de sol do vindeiro 12 de agosto de 2026, un fenómeno que, segundo destacou, “outorgará a Galicia unha situación privilexiada”.

A iniciativa, coordinada polo Centro de Innovación Educativa e Dixital, articúlase en 26 accións deseñadas para acompañar á comunidade educativa ao longo do curso e estruturadas en catro grandes bloques cun enfoque interdisciplinar. A programación está aberta á incorporación de novas propostas procedentes doutras institucións científicas e divulgativas e permite adaptar as actividades ás distintas etapas educativas, combinando observación, experimentación, cultura e tecnoloxía.

Segundo explicou o conselleiro, o obxectivo da Consellería de Educación e Ciencia é aproveitar o interese xerado polo fenómeno astronómico para integrar ciencia, humanidades, arte e cultura, ao tempo que se fomenta a innovación educativa e as vocacións STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas). A programación permitirá tamén aplicar na práctica os coñecementos adquiridos nas aulas e ofrecer ao alumnado “unha oportunidade formativa irrepetible” para reforzar a cultura científica, o pensamento crítico, a seguridade e a responsabilidade social.

Catro bloque de actividades

O primeiro bloque, Ciencia, observación e seguridade, céntrase na comprensión dos fenómenos astronómicos asociados ás eclipses e na promoción dunha observación segura e accesible. Inclúe oito iniciativas, entre elas Galiverso explora o ceo, Astronomía escolar, O ceo nas túas mans, Solarsafe, Eclipse Lab Expert, Detectives do espectro, Ecocósmico e Cazadoras de sombras.

segundo bloque, Educación, comunidade e territorio, concibe a eclipse como un proxecto educativo colectivo que transcende a aula e se estende á comunidade. Reúne outras oito actividades dirixidas ao profesorado, aos Polos Creativos, ás bibliotecas escolares e á divulgación social, como Pasaporte Explora o Espazo, as xornadas De Galicia ao espazo, accións formativas para docentes, divulgación científica en redes sociais, recursos educativos abertos a través de cREAgal, as Maletas viaxeiras Lourenzo e Catalina xogan ás agachadas, Eclipselab 2026 e o Congreso Invisibles 2026.

terceiro bloque, Ciencia, arte e cultura, integra cinco iniciativas que exploran a eclipse desde unha perspectiva artística, cultural e humanística, como Relatos na penumbra, Sombras que pintan: arte, luz e cultura, Constelacións de lenda, Detectives da historia e Constelacións en foco.

Por último, o cuarto bloque, STEM e innovación educativa, inclúe cinco actividades centradas na tecnoloxía, a robótica, a modelización científica e a exploración espacial, dirixidas principalmente a Secundaria, Bacharelato e FP, entre elas Misión Eclipse, Blader no cosmos, Misión H₂O: destino Marte, Misión orbital e Código Umbra: operación eclipse.

Alumnado comprometido co medio ambiente

Na presentación, Román Rodríguez estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, así como polo físico e catedrático da Universidade de Santiago Jorge Mira e o investigador do IGFAE Néstor Armesto.

O conselleiro destacou que a eclipse “é un acontecemento que debemos aproveitar” e subliñou o traballo dunha comisión interdepartamental na que participan varias consellerías e a Axencia Turismo de Galicia para maximizar o impacto positivo deste fito. “Estamos ante unha oportunidade de país, unha ocasión para unir ciencia, educación e sociedade nun proxecto común”, afirmou.

Román Rodríguez salientou tamén que esta programación pode contribuír a reforzar aínda máis o alto nivel do alumnado galego en ciencias e conciencia medioambiental, lembrando que Galicia lidera a competencia científica no informe PISA e os resultados en conciencia ambiental no estudo TIMSS a nivel estatal.

Actividades no Colexio Agro do Muíño

No marco do acto, o conselleiro coñeceu de primeira man os proxectos que desenvolve o Colexio Agro do Muíño, onde o alumnado participa en diversas actividades relacionadas coa eclipse e o sistema solar, como a elaboración de maquetas, kits de iniciación á electrónica, xogos con Scratch táctil ou traballos prácticos con distintos materiais educativos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina