Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Arousa

O audiovisual galego supera o máximo histórico de profesionais inscritos nos XXIV Premios Mestre Mateo

Aumenta a presenza feminina nas categorías profesionais

Premios Mestre Mateo
Premios Mestre Mateo
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

 A Academia Galega do Audiovisual abre hoxe o período de votacións para escoller as finalistas dos XXIV Premios Mestre Mateo. As académicas e académicos poderán votar nesta primeira volta entre as candidaturas inscritas para a vixésimo cuarta edición dos premios, que celebrarán a súa gala de entrega o próximo 21 de marzo en Lugo. O prazo de votacións estará aberto ata o mércores 28 de xaneiro ás 14:00 horas.

Nesta edición rexistráronse 186 producións inscritas, unha cifra que consolida o alto nivel de participación do audiovisual galego nos últimos anos, tras o récord acadado na pasada convocatoria. Destaca especialmente o máximo histórico de profesionais inscritos, cun total de 565 candidaturas, o que supón un novo fito na traxectoria dos Premios Mestre Mateo.

categoría de longametraxe acada 13 títulos inscritos, a cifra máis alta da súa historia, reflectindo a boa saúde do cinema galego. As series de televisión manteñen unha presenza moi sólida con 9 inscricións, mentres que as series web continúan a súa tendencia á alza e chegan ás 16 producións, o seu mellor dato ata o momento.

As categorías de programas e videoclips volven ser das máis numerosas, con 37 e 39 obras inscritas, respectivamente. Tamén destacan as curtas de imaxe real, con 26 títulos, e o documental, que suma 25 producións nesta edición.

No ámbito profesional, dos 565 inscritos, 318 son homes (56%) e 247 mulleres (44%), o que supón un incremento significativo da presenza feminina con respecto a edicións anteriores e o mellor dato histórico de participación de mulleres nos premios.

Neste primeiro prazo de votación, que permanecerá aberto ata o 28 de xaneiro, as académicas e académicos elixirán as candidaturas finalistas dos XXIV Premios Mestre Mateo. Unha vez anunciadas, abrirase un segundo período de votación para escoller as obras e profesionais gañadores, que se darán a coñecer na gala de entrega de premios, o 21 de marzo, unha das citas máis relevantes do calendario cultural galego.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620