Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Arousa

A Xunta destina dous millóns ás bolsas Erasmus para universitarios

As subvencións da Consellería de Educación serven de complemento ás que se reciben da Unión Europea

Estudantes universitarios preparan os seus exames nunha biblioteca do campus coruñés
Estudantes universitarios preparan os seus exames nunha biblioteca do campus coruñés
Javier Alborés
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional destina este curso case dous millóns de euros ás bolsas autonómicas do programa Erasmus+ para alumnado das universidades galegas.

Trátase de axudas que complementan as que estes estudantes xa reciben da Unión Europea para participar neste programa de mobilidade, que permite realizar unha estancia na universidade doutro país como parte do seu proceso de aprendizaxe.

O obxectivo, tal e como destacou a Xunta nunha nota de prensa, é reforzar o apoio económico comunitario e fomentar así a participación en Erasmus+.

Neste contexto, o Goberno galego destinará 200.000 euros máis que o ano pasado para conseguir chegar a máis alumnos.

As bolsas individuais manteñen tanto a súa duración como a súa contía respecto a as convocatorias anteriores e o alumnado beneficiario percibirá unha achega mensual, para complementar as axudas da UE, que oscilará entre os 125 e os 195 euros ao mes, en función do país de destino, durante unha estancia que poderá durar entre dous e nove meses.

Así, recibirán 195 euros mensuais os estudantes que realicen a súa mobilidade en Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Islandia, Italia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos e Suecia; mentres que a contía será de 165 euros se o destino é Chequia, Chipre, Eslovaquia, Estonia, Eslovenia, Grecia, Letonia, Malta e Portugal, e de 125 euros para Bulgaria, Croacia, Lituania, Hungría, Polonia, Romanía, Serbia, Macedonia e Turquía.

Poderán solicitar estas axudas os alumnos matriculados en calquera das universidades galegas que goce dunha bolsa Erasmus+ de mobilidade neste curso.

Non poderán optar a estas bolsas os estudantes que, tendo nacionalidade distinta á española ou dobre nacionalidade, realicen a mobilidade no seu país de orixe ou nalgún daqueles dos que sexa nacional, nin tampouco quen finalmente non se desprace ao país de destino ou quen xa resultase beneficiario destas axudas complementarias en convocatorias anteriores.

O prazo de presentación das solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro día 2 de febreiro e a tramitación realizarase por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Récord histórico en axudas a deportistas de alto nivel

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620