Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Arousa

A poeta Eva Veiga será homenaxeada como Escritora na súa Terra–Letra E en 2026

Eva Veiga
Eva Veiga
EFE
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) ratificou a decisión de que a poeta Eva Veiga sexa a protagonista da Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra–Letra E no ano 2026, un recoñecemento que terá lugar en Pontedeume no mes de xuño.

A AELG destaca, dentro da importante traxectoria vital de Eva Veiga, a súa amplamente recoñecida obra literaria, que a converte nunha das voces máis relevantes da poesía galega contemporánea. 

Esta iniciativa anual constitúe xa unha tradición consolidada na traxectoria da Asociación, celebrándose desde hai máis de tres décadas como un acto de recoñecemento público no que a terra natal ou de acollida da persoa homenaxeada ocupa un papel central. A XXXII edición desta homenaxe reafirma a vontade da AELG de honrar ás escritoras e escritores galegos mediante un contacto directo coa autora ou autor e a súa implicación persoal na xornada de celebración. 

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra caracterízase por ser unha celebración múltiple e de carácter popular, na que se pon en valor a entidade literaria de destacadas figuras das nosas letras. Entre os actos previstos atópanse a entrega do galardón Letra E de escritora, unha peza escultórica, a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora e a colocación dun monólito conmemorativo. 

Con este recoñecemento, a AELG rende homenaxe á traxectoria e á achega literaria de Eva Veiga, reforzando o compromiso da entidade coa difusión e posta en valor da literatura galega.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620