Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Arousa

Galicia impulsa un modelo pioneiro para atraer talento retornado ao tecido produtivo

A iniciativa autonómica está dirixida a favorecer o emprendemento e á cobertura de vacantes laborais

A Xunta celebrou este ano feiras de emprego pioneiras na Arxentina –na imaxe– e Uruguai
A Xunta celebrou este ano feiras de emprego pioneiras na Arxentina –na imaxe– e Uruguai
Cedida
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara

Galicia está a desenvolver un modelo propio para sumar talento, baseado na captación de persoas traballadoras dun xeito ordenado, planificado e sempre vencellado ás necesidades do tecido laboral galego, tanto por conta allea como por conta propia.

Trátase dunha folla de ruta pioneira en España, que busca titorizar todo o proceso de integración sociolaboral das persoas traballadoras, consolidando as pontes de talento entre os países de orixe e o territorio galego, e ofrecendo as máximas garantías a todas as partes implicadas: países de orixe, traballadores, empresas e sociedade galega.

Esta estratexia estrutúrase arredor de dous grandes eixos: o primeiro, centrado nos galegos do exterior, e o segundo, dirixido á captación de traballadores de terceiros países. En ambos os casos, a actuación desenvólvese da man das empresas, co obxectivo de favorecer unha inmigración ordenada e facilitar a integración sociolaboral das persoas participantes.

Máis de 450 millóns ata 2026

No ámbito do retorno da diáspora, o Goberno galego ten en marcha a Estratexia Galicia Retorna 2023-2026, unha ferramenta dotada con máis de 450 millóns de euros, que inclúe unha ampla batería de accións co propósito de promover o regreso de arredor de 30.000 galegos neste período. Ademais, a persoa conta con facilidades e acompañamento ao longo de todo o proceso, desde a orixe ata a instalación no seu novo fogar. Nesta liña, as persoas galegas que regresan contan, desde o primeiro momento, co apoio das Oficinas de Retorno da Xunta, un servizo pensado para acompañalas e orientalas en todo o proceso de integración. Nestes espazos reciben atención personalizada sobre cuestións clave como os trámites administrativos, a homologación de estudos, o acceso ao mercado laboral ou as axudas dispoñibles. O seu obxectivo é facilitar un retorno áxil e exitoso, ofrecendo tamén asesoramento xurídico e social, apoio na procura de emprego e conexión coa comunidade galega.

Emprendemento retornado

No eido do traballo por conta propia —e no marco do apoio global ao emprendemento ligado ao territorio que lidera Galicia—, a Xunta leva destinado máis de 6,4 millóns á liña do Retorno Emprendedor. Estas axudas van dirixidas ás persoas galegas que regresan á súa terra de orixe, tanto se naceron en Galicia como nos seus países de destino, e teñen como obxectivo facilitar a posta en marcha dun negocio propio, con achegas que poden chegar ata os 10.000 euros. A finalidade é favorecer o seu asentamento e integración social e laboral, contribuíndo así ao fortalecemento do tecido empresarial galego.

A través desta iniciativa, o Goberno galego xa apoiou a creación de máis de 900 proxectos empresariais liderados por persoas retornadas. Ademais, este apoio complétase cos servizos de mentoría ofrecidos polo programa Merlo e polo asesoramento das oficinas da rede de polos de emprendemento, que contan con quince oficinas distribuídas por toda Galicia, reforzando o acompañamento permanente para garantir o éxito das iniciativas e o seu impacto positivo no desenvolvemento económico e social do territorio.

Cobertura de vacantes nas empresas

Xa no ámbito do traballo por conta allea, outra das accións fundamentais é o Retorna Cualifica Emprego, unha actuación que exemplifica o modelo de captación de talento ordenado, planificado e integral que está a potenciar a Xunta. A iniciativa garante ás persoas traballadoras un contrato indefinido ao casar os perfís laborais das persoas que desexan retornar coas necesidades de talento manifestadas polas empresas adheridas ao programa.

Este modelo busca o equilibrio territorial —con postos de traballo en concellos de toda Galicia e favorecendo a dinamización de vilas e concellos do rural—, como avalan os datos de balance deste programa, que se suma a outros fundamentais como as propias bolsas BEME.

Cómpre sinalar que a presente edición do programa Retorna Cualifica Emprego conta cun orzamento de 2,3 millóns de euros e ten como previsión beneficiar a 200 persoas galegas retornadas ata finais de ano. Como novidade, inclúense axudas específicas para facilitar o acceso ao alugueiro de vivenda. Ademais, por primeira vez este ano, celebráronse accións en orixe, con feiras de emprego específicas o pasado mes de marzo na Arxentina e no Uruguai, nas que houbo máis de 3.500 persoas asistentes e participaron cinco clústeres e unha vintena de empresas de sectores estratéxicos.

As actuacións teñen en conta as necesidades do tecido produtivo para favorecer unha inmigración ordenada

Na edición piloto do Retorna Cualifica Emprego regresaron a Galicia preto de 190 persoas para incorporarse a 126 empresas espalladas por 28 concellos das catro provincias.

Na segunda edición que está en marcha actualmente, xa están seleccionadas arredor de 190 persoas, distribuídas en 46 concellos galegos e empregadas en preto de 65 empresas.

Polo tanto, ata o de agora o Programa leva propiciado que preto de 400 galegos do exterior fosen incorporados polo noso tecido produtivo, en liña coas necesidades das empresas.

As ocupacións abranguen sectores diversos, como a hostalaría, a industria e construción, o comercio e servizos ou o agrogandeiro, entre outros. As persoas beneficiarias proceden de preto de 21 países, como Arxentina, Uruguai, Cuba, Venezuela, Brasil, Colombia, México, Reino Unido, Alemaña ou Suíza.

O perfil medio é o dunha persoa cunha idade media de 35 anos. Ademais, unha ampla porcentaxe (preto do 57%) regresa coa súa familia o que evidencia a dimensión social e de integración do programa.

Sumando os resultados das dúas edicións, son xa arredor de 60 concellos nos que hai empresas que contan con traballadores retornados a través deste programa.

Ademais, nesta edición preto de 220 empresas ofertaron ou manifestaron o seu interese por cubrir vacantes, implicando deste xeito a máis de 90 concellos no seu conxunto. O programa terá a súa terceira edición nos vindeiros meses, continuando así a favorecer a contratación e amosando a súa capacidade de dinamización do tecido económico e social galego, especialmente no rural.

Nova oficina de Atracción de Talento

No eido da atracción de talento, cómpre sinalar que no primeiro trimestre de 2026 a xunta ten previsto poñer en marcha a nova Oficina de Atracción de Talento que coordinará todas as medidas do eido do emprego destinadas aos galegos e galegas do exterior que deciden retornar para traballar na súa terra, así como as iniciativas dirixidas a favorecer a contratación planificada de persoas traballadoras de terceiros países.

Ademais está previsto o lanzamento dunha orde de axudas por valor de 1,5 millóns, para a rehabilitación de vivendas destinadas a traballadores beneficiarios de programas de captación de talento, tendo en conta que a vivenda é un factor clave para fixar persoas traballadoras cualificadas no noso territorio.

0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica